BLOG

Nós co 40aniversario da ASOCIACIÓN ÉRGUETE

Cando pensamos na
posibilidade de facer os agasallos conmemorativos para o 40 aniversario de
Érguete, unha imaxe viunos as cabezas: A das Nais que, xeración tras xeración,
seguen a loitar por sacar adiante ás súas fillas e fillos. Todas esas Mulleres
ás que Érguete homenaxea nos seus 40 anos de traxectoria.

Somos plenamente
conscientes do seu Amor incondicional, do seu cotiá na convivencia coas
conductas aditivas. Visualizamos o fío vermello que une ás persoas e, sobre
todo, ás Nais coa súa prole, ás Avoas, ás Bisavoas, ás Irmás, ás Mulleres…
Hai persoas que  están destinadas a
compartir as súas vidas e non existe nada que poida impedilo. O fío se estirará
até o infinito, pero nunca se romperá.

A escenificación da súa
loita ten un material icónico, o tecido de saba. Igual que as Nais arxentinas
da Praza do 2 de Maio, e igual que tantas outras, as Nais da droga fixeron as
súas pancartas sobre tea de saba, escribindo a man as súas proclamas. Da igual
que traballaran fóra, na casa, ou nos dous sitios [que era i é o máis
habitual], as súas ferramentas de loita emocionais foron a axuda permanente,
unha axuda proactiva, efectiva, sen falsas expectativas, unha axuda incansable
e unha loita descarnada. As súas ferramentas materiais, as protestas, as
pancartas, a unión e a forza da colectividade.

Este tecido de saba é
tamén un elemento moi próximo a
LA CANALLA, con el temos feito accións de
memoria téxtil en museos, institucións, asociacións, etc. poñendo en valor esa
memoria, o oficio da costura, os traballos das mulleres.

 

Falamos moito en pasado
pois estes 40 anos de Érguete serven de homenaxe a esas Nais que iniciaron a
loita. Estes 40 anos representan a todas as Carmen Avendaño que puxéronse ao
fronte da loita pola liberación da escravitude das adiccións.

Falando con Elvira e con
Javi por segunda vez sobre isto, coas cousas máis asentadas e a expo homenaxe
no MARCO a un mes vista, propuxéronnos utilizar de base para os regalos
conmemorativos unha das sabas das NAIS…Nais en loita, pero sempre cun
sorriso, Nais unidas, fortes, vitais…
 

A proposta foi despezar a
saba en 55 pequenos cadros, que a nós gústanos chamar: Os Cadros da Memoria NAI
 

Sendo realistas, o evento
adecuado para ter estes presentes listos e entregalos sería a Gala do 2 de Outubro
na Sala Teatro Afundación.
 

O que se nos ocorreu foi
que estes 55 cadros estiveran colgados da parede o día da Gala, formando a
bandeira orixinal. Unha retícula de 55 retales dunha das sabas que utilizaron
as NAIS para saír ás rúas e defender as súas reivindicacións, escritas por elas
sobre o lenzo en branco. Unha vez máis todas xuntas, individuais pero formando
un todo, coma as Nais, coma os valores de Érguete e os nosos. Desa parede irán
pasando ás mans e ás vidas de cada Nai, de cada persoa de interese.

Esta retícula máis o panel
de fondo coa tea da memoria que propuxemos para a exposición do MARCO, completan
a homenaxe á forza das NAIS, á traxectoria da Asociación Érguete, ao valor das
persoas que seguen a traballar por axudar e das persoas usuarias da Asociación.

Seguindo as pautas que usamos en LA CANALLA  para as accións de #LACANALLAmemoriatextil , cedimos a idea a ÉRGUETE para a súa expo homenaxe de 40 anos no Museo Marco de Vigo , pedindolles ás persoas asistentes que escribiran sobre unha tea de saba os valores que asociaban coa Asociación, as Nais, elas mesmas…


Con esta filosofía, a da
loita das Nais e os obxectos cotiás, a unión, o desperdicio cero, o deseño sen
xénero, a artesanía, o oficio da costura, o feito en Vigo, facemos a proposta
de deseño dos obxectos conmemorativos do 40 Aniversario da Asociación Érguete
 

Son pezas únicas, de
ecodeseño, de edición limitada e feitas artesanalmente no noso obradoiro de
Vigo [onde naceu Érguete e de onde somos nós]

As etiquetas de valor

Eco-deseño, artesanal,
supra-reciclado, desperdicio cero, sen xénero, serie limitada, atemporal, feito
en Vigo, feito en Galicia,
LA CANALLA, Artesanía de Galicia
 

O valor emocional

As
súas pancartas de tea de saba son historia viva, representan a loita das NAIS
contra as adicións, o engrenaxe mafioso que as rodea, a forza da unión… 

Partimos da Pancarta: Érguete contra o Narcotráfico Sentencias Justas

Asociación de Axuda os Toxicómanos

  
  

   
  

 
 

As primeiras ideas de deseño

Decidimos escribir sobre cada pano o seu número de serie, como faise nos gravados
artísticos.

Estampamos o logo de ÉRGUETE 40aniversario, 1985-2025 en serigrafía mais os logos
de
LA CANALLA e ARTESAÍA DE GALICIA

Nos
cadros reservados ás NAIS, bordamos GRAZAS!!! en fío de bordar
vermello ou azul, dependendo do fondo

O Packaging

Fixemos tamén partícipes ás persoas usuarias e confeccionaron, nun dos cursos bagsUP que impartimos dende 2023, saquiños da mesma pancarta da que fixemos os Cadros da Memoria Nai. 


Así pechamos o círculo 🙂


 

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR

Sin categoría29/11/2017

Cando pensamos na posibilidade de facer os agasallos conmemorativos para o 40 aniversario de Érguete, unha imaxe viunos as cabezas: A das Nais qu..

Leer más

Sin categoría03/05/2024

Cando pensamos na posibilidade de facer os agasallos conmemorativos para o 40 aniversario de Érguete, unha imaxe viunos as cabezas: A das Nais qu..

Leer más

Sin categoría21/11/2017

Cando pensamos na posibilidade de facer os agasallos conmemorativos para o 40 aniversario de Érguete, unha imaxe viunos as cabezas: A das Nais qu..

Leer más